A UVigo leva novos sensores para detectar infeccións ata Nature Material


Un estudo do grupo de Química Coloidal abre a posibilidade para o desenvolvemento de novas estratexias de diagnóstico microbiolóxico.

Os últimos estudos publicados polo grupo de investigación de Química Coloidal da Universidade de Vigo, en colaboración co grupo de Bionanoplasmónica de CIC-biomaGUNE (San Sebastián, Guipúzcoa), abren a posibilidade para o desenvolvemento de novas estratexias de diagnóstico microbiolóxico, o que supón un importante avance no ámbito sanitario, xa que estes achados poderían empregarse na mellora dos diferentes sistemas de detección e monitorización de infeccións de forma non invasiva, pero tamén en outras industrias, entre elas a alimentaria. A prestixiosa revista Nature Materials acaba de publicar un artigo no que se relatan en detalle as conclusións desta investigación.

More information: GCIENCIA , DUVI