A UVigo recibe 120.000 euros para detectar contaminantes químicos nos alimentos

O proxecto do grupo de Química Coloidal foi seleccionado pola Fundación Ramón Areces entre 631 investigacións a nivel estatal.

O grupo de Química Coloidal da Universidade de Vigo, dirixido polos docentes Jorge Pérez Juste, Isabel Pastoriza e Pablo Hervés, acaba de recibir unha axuda da Fundación Ramón Areces por importe de 120.000 euros para estudar o uso de nanomateriais na detección de contaminantes químicos nos alimentos. O proxecto, seleccionado entre 631 investigacións presentadas a nivel nacional, ten como principal obxectivo o desenvolvemento dun sensor portátil que permita a detección “rápida e in situ” de microorganismos patóxenos e contaminantes químicos en mostras reais de alimentos.

More information: GCIENCIA, Atlantico,  Atlantico2, DUVI