Isabel Pastoriza (1974, Bueu), doutora en Químicas e investigadora, é actualmente a coordinadora do grupo de Química Coloidal do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. Será outra das poñentes da mesa redonda que este luns 11 de febreiro, ás 20.30 horas, ten lugar na Casa das Campás de Pontevedra, xunto a Alicia Estévez, Vanessa Valdiglesias, e Elena Vázquez Cendón, no acto organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración con GCiencia